Plantando Árbores con Pinceis» no noso cole! 24/25 🎨🌱
O pasado xoves, grazas á colaboración con AFundación e o artista Doctor Toy, levamos a cabo unha actividade moi especial que uniu arte e sostibilidade traballando o ODS11 e ODS13
Mentres o alumnado de secundaria de 1º e 3º ESO pintaba un mural na caseta do cole con pintura que absorbe CO₂, contribuíndo activamente á loita contra o cambio climático, o alumnado de 5º e 6º de primaria estaba dando renda solta á súa creatividade decorando totebags! 🖌️🌍
Esta iniciativa, enmarcada dentro da materia de EPVA, combinou creatividade e conciencia ambiental. Guiados polo talento e a inspiración de Doctor Toy, a rapazada:
- 🎨 Descubriu novas técnicas artísticas.
- 🌍 Reflexionou sobre a importancia de coidar o medio ambiente e os ODSs relacionados coa calidade do aire.
- 🤝 Traballaou en equipo e desenvolveron o seu lado máis creativo.
O mural, un proxecto colectivo sostible e visualmente impactante, e as totebags personalizadas son exemplos do compromiso do noso cole coa arte e o medio ambiente.
Grazas a Afundación e a Doctor Toy por facer posible esta experiencia inesquecible! 🌟