Traballando por recunchos en Tecnoloxía 2ºESO 24/25

O Nadal xa se sinte na nosa aula de Polos Creativos! Este trimestre, o alumnado de 2ºESO está a traballar por recunchos nun proxecto interdisciplinar moi creativo:

? Maquetas a tamaño natural: deseñadas en cartón, están a ser pintadas e ensambladas polos nosos artistas en proceso.

? Bolas de Nadal: deseñadas en Tinkercad e impresas coa impresora 3D.

? Robot con estilo: tamén estamos creando unha matrícula personalizada para o noso robot, fusionando deseño e tecnoloxía.

? Diagramas de fluxo e código: mentres uns revisan e perfeccionan o diagrama de fluxo, outros grupos están a traballar no código que dará vida ás nosas creacións.

? Esta metodoloxía de recunchos permítenos fomentar o traballo colaborativo, a creatividade e o pensamento computacional en cada etapa do proxecto.

Aprender pode ser emocionante e práctico. ??

También te podría gustar...