A maxia das cores en ESO EPVA e Mates!! Caderno STEAM 24/25 🎨✨

No noso traballo en Polos Creativos, este caso na materia de 3º EPVA, estamos mergullándonos na teoría do color pigmento.

Comezamos creando divertidas pócimas de cores en EPVA e de paso traballamos porcentaxes e fraccións de Matemáticas. En 1ºESO centrámonos nos secundarios en 3º nos terciarios.
Agora demos un paso máis aló: En 3ºESO imos traballar con litofanías, pequenas marabillas que transforman fotografías en obras de arte translúcidas grazas á luz na impresora 3D. 💡📸

Usamos filamentos de amarelo, magenta, cian e branco para facer reproducións de imaxes, dándolle vida ás cores e á luz dun xeito único. Este proxecto é unha combinación perfecta de creatividade, matemáticas e tecnoloxía! 🤖🎨

Nesta ocasión, queremos agradecer de corazón a @leandrinholamas, que sempre apoia o noso proxecto e nos permite usar a súa arte. Nesta ocasión, recreamos a súa fermosa obra «Percebeira» en formato litofanía. 🦀🌊

Para rematar a actividade, o alumnado de 3º fixo as suas reinterpretacións da obra de Leandro e o alumnado da ESO votou pola sua preferida. As 3 mellores versións foron transformadas en litofanía e impresas en 3D.

Como colofón final a prensa publicou a nosa actividade, podédelo ver aquí:

Lee a noticia sobre Educación e Arte no CRP Ayala no Diario de Ferrol
Percebeira por Leandro Lamas
Versións da «Percebeira» do alumnado de 3ºESO

También te podría gustar...