I Concurso de Tallado RA de Cabazas! 24/25
Este Samaín o alumnado da ESO participou no I Concurso de Tallado RA de Cabazas!
Grazas a esta tecnoloxía, puideron transformar cabazas de papel en deseños en 3D que parecen reais, usando móbil ou tableta. Foi unha actividade moi creativa e innovadora que puxo en práctica as súas habilidades plasticas e dixitais máis a sua imaxinación.
Estamos orgullosos de anunciar aos gañadores:
Os nosos gañadores recibiron un lote de doces e detalles de Samaín, ademais dunha medalla impresa en 3D!
A Realidade Aumentada ofrécelles unha nova forma de aprender e experimentar o mundo dixital de maneira educativa, permitindo que interactúen con contidos de forma directa e visual. Unha gran experiencia para o noso alumnado que une creatividade e tecnoloxía!








