2ºESO fai o mantemento do noso acuario. Caderno STEAM 24/25
A actividade de mantemento dun acuario é unha proposta interdisciplinar que combina principios de Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía para abordar conceptos científicos e técnicos de maneira práctica. Esta tarefa permite explorar o principio de Arquímedes, comprender propiedades fisicoquímicas como o pH ou a dureza da auga, e aplicar cálculos matemáticos para determinar porcentaxes e volumes. Ademais, fomenta o uso seguro de ferramentas tecnolóxicas e a colaboración en equipo, garantindo o respecto ás normas de seguridade e a sostibilidade ambiental.
- CICLO: 1C ESO
- NIVEL: 1ºESO
- ÁREA: Ciencias
- MATERIA: Física e Química
- TRANVERSALIDADE CON: Matemáticas e Tecnoloxía.
- CONTIDO CURRICULAR:
- Física e Química:
- Bloque B1. As destrezas científicas básicas
- CA1.1 – Deseño de estratexias de indagación.
- CA1.4 – Uso responsable dos espazos científicos como laboratorios.
- C1.1 – Investigación científica: identificación, formulación e comprobación de hipóteses.
- Bloque B2. A materia
- CA2.1 – Explicación de fenómenos relacionados con sistemas materiais.
- C2.2 – Experimentos sobre composición e clasificación de sistemas materiais.
- Bloque B5. O cambio
- CA5.1 – Identificación e explicación de cambios fisicoquímicos.
- C5.2 – Relacións entre reaccións químicas e ambiente.
- Bloque B1. As destrezas científicas básicas
- Matemáticas:
- Bloque B1 (Sentido numérico): Resolución de problemas reais con porcentaxes e proporcións (C1.4.3, C1.4.1), e aplicación de números decimais e fraccións para expresar cantidades (C1.1.4).
- Bloque B2 (Sentido da medida): Estimación de medidas e uso de unidades axeitadas (C2.1.1, C2.1.2).
- Bloque B6 (Sentido socioafectivo): Traballo en equipo, cooperación e xestión de tarefas en grupo (C6.2.1, C6.2.2).
- Tecnoloxía:
- Bloque 1 (O proxecto tecnolóxico): Identificación de problemas, análise crítica e impacto ambiental.
- Bloque 2 (Deseño e fabricación): Organización de ferramentas, materiais e respecto polas normas de seguridade.
- Física e Química:
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
?? O alumnado de 2º ESO realizou unha interesante actividade interdisciplinar nas materias de Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía e un extra de Bioloxía! ??
Organizados en grupos de traballo e sempre supervisados polo equipo de prevención de riscos, os estudantes encargáronse de todo o mantemento do acuario da aula. Esta supervisión foi clave para asegurar que todas as tarefas se realizasen de forma segura, empregando os equipos e ferramentas de maneira responsable. ?️?♂️
? Algunhas das actividades realizadas foron:
- Estudo do principio de Arquimedes: calcularon o volume de auga extraída, entendendo que un obxecto completamente mergullado despraza un volume de líquido igual ao seu propio volume ?
- Cálculo do porcentaxe de auga substituída sobre o total ?
- Baleiraron o acuario empregando a presión atmosférica e o efecto sifón ?️
- Mediron o pH, Gh e a temperatura da auga ?️
- Calculáronse as cantidades necesarias de produtos químicos para garantir que a auga estivese en condicións óptimas para os peixes e acondicionaron a auga ?
- Limpeza dos cristais do acuario utilizando imáns ?
- Podáronse as plantas acuáticas ?
- ? Equipo de prevención de riscos: Encargaronse de supervisar que todo o mundo lavase as mans sen xabón antes de metelas no acuario e con xabón ao terminar e de que todo o mantemento se realizase sen inconvenientes. ?️?
Como extra, o profe de Bioloxía aproveitou para explicar o que son as cianobacterias e como previr a súa aparición no acuario. ?
Os nosos peixiños quedaron encantados!
Unha xornada de ciencia aplicada, intelixencias múltiples, traballo en equipo e moito coñecemento de tódalas materias STEAM! ?










