1º e 2ºESO participaron no concurso ‘Ciberseguridade no cole’ 24/25 🔐

🔐✨ O martes 15/10, o noso alumnado de 1º e 2º de ESO participou na IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’.

Durante esta xornada, os rapaces e rapazas demostraron todo o que aprenderon sobre o uso seguro das redes, poñendo en práctica os seus coñecementos. 🖥️💡

Esta actividade enmárcase no noso Plan Dixital e dentro do currículo da materia de Tecnoloxía e Dixitalización, e non podemos estar máis orgullosos do traballo que fixeron. 💪👏

A formación en ciberseguridade é fundamental na realidade actual dos nenos e nenas, pero tamén para todos os cidadáns. Vivimos nunha sociedade dixital, e é imprescindible proporcionar as ferramentas necesarias antes de permitir o uso dos dispositivos. A través destas actividades, asegurámonos de que o noso alumnado estea ben preparado para navegar por Internet de maneira responsable e segura. 🌐🔒

Protexer a súa seguridade en liña é educalos para o futuro!

También te podría gustar...