Bicicletada e XVI Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón 23/24 ?‍♂️

?‍♂️ A semana pasada foi chea de emoción e aprendizaxe para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria! ?

O xoves 06-06-24, os estudantes de 5º e 6º fixeron unha saída en bicicleta acompañados polos responsables do equipo de Educación Viaria do Concello. O obxectivo era afianzar todo o aprendido ao longo do curso sobre Educación Viaria e, ademais, fomentar hábitos de vida saudable. Chegamos ata o parque de Xubia, onde repuxemos forzas, e no regreso paramos no circuito de Pumptrack de Narón. ?‍♀️?

O venres 07-06-24, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou na XVI Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón, organizada polo equipo de Educación Viaria do Concello. Recorrimos diferentes rúas do Concello ata chegar ao parque de Xubia, onde tivemos a oportunidade de ver vehículos de servizos de emerxencias, como ambulancias, camións de bombeiros e coches da Garda Civil. Por último, fixemos o percorrido de volta ao colexio. ????

Queremos destacar o apoio de varios pais que colaboraron no acompañamento e axudaron cos pequenos percances que puideron xurdir. ?

Os nenos fixeron un gran esforzo e pasaron unhas xornadas moi amenas e enriquecedoras. ?

También te podría gustar...