Formación do equipo de Polos Creativos 23/24 🌟

O noso profesorado do equipo de Polos Creativos recibiu formación sobre cortadora láser e deseño e impresión 3D nos pasados días 15/04, 25/04 e 02/05.

Aproveitamos esta experiencia para crear algo especial: uns chaveiros únicos para o noso equipo CanSat. Cada chaveiro conta cunha peza impresa en 3D que pon AyalaSat e cunha estrela impresa en 3D co nome de cada neno e nena, ademais leva un recordo con valor sentimental, unha pequena peza das cordas do CanSat.

Pero non quedamos aí. Tamén estivemos a probar creando material para a nosa Aula de Educación Especial, como é o alfabeto con tipografía ligada ou massallera atendendo á diversidade do noso alumnado.

Estas formacións permítennos a traballar para mellorar a atención individualizada e tamén ampliar o tipo de actividades que pode facer o noso alumnado.💫🔍

También te podría gustar...