Gran día para o equipo AyalaSat en As Gaivotas, Cerceda! CanSat 23/24 ?️?

Hoxe o noso equipo AyalaSat despegou con éxito no aeródromo de As Gaivotas. O seu CanSat voou e aterrizou sen problemas, cumprindo todas as súas funcións ?.
Ao chegar ao cole, un dos programadores analizou e compartiu as experiencias co equipo.

Pero a diversión non parou alí! ? Tamén participaron nun taller de cohetes ? e nunha interesante charla sobre drones ?.
Tras un piquenique ben merecido, regresaron ao cole coa satisfacción de ver que os meses de traballo e dedicación valeran a pena.

Grazas á organización e á comunidade educativa e especialmente aos compañeiros de 1º ESO por compartir esta aventura con eles ?. E non podemos esquecer o apoio do CFR de Ferrol, grazas por estar sempre ao noso lado!

Ata o infinito e máis alá! ???️?

También te podría gustar...