I Feira Científica CPR Ayala 23/24 🔬🚀💡

O día 10 de abril do 2024 celebramos a nosa I Feira Científica do CPR Ayala! 🎉

Esta iniciativa, parte do Departamento STEAM como parte dos nosos Polos Creativos, busca ser unha festa STEAM para toda a comunidade educativa. Dende os máis pequenos ata os máis maiores, todos experimentaron, descubriron e abraiáronse, potenciando o seu pensamento computacional. 🌟

Este ano adicouse a Marie Courie e nos vindeiros anos continuarase adicando a mulleres científicas que marcaron a historia da humanidade, moitas veces na sombra.

O alumnado da ESO preparou experimentos e talleres para os demais cursos, distribuídos nas categorías STEAM:

S – 🔍 CIENCIA

Exploramos o mundo da Bioloxía e descubrimos os segredos das cadeas de ADN e o funcionamento do corazón.

T – 🤖 TECNOLOXÍA

Coñecemos a experiencia de lanzar o CanSat Ayalasat, os membros do equipo montaron seu propio stand no que ademais nos amosaron como construir cohetes espaciais de cartón. Tamén había dous cohetes enormes co logo do AyalaSat como photocall.

E – 🚀 🔧 ENXEÑARÍA

Competimos con pinzas hidráulicas, exploramos o mundo da física e a química e programamos robots en Micro:bit. Tamén dentro de Polos Creativos recibimos unha convidada do cole Cristo Rey Ferrol que veu traer a súa Ola de Programación.

A – 🎨 ARTE

Descubrimos a evolución do cine e creamos curtas con talleres de taumatropos, pirámides holográficas e stop motion. 🎬

M – ➕ MATEMÁTICAS

Xogamos e descubrimos que as matemáticas son a linguaxe dos xogos! 🎲

Foi unha xornada chea de ciencia, diversión e aprendizaxe!🧪🔬📐

También te podría gustar...