25 actividades calmantes 💆♀️ 23/24
Gustaríache axudar aos teus fillos a relaxarse e a xestionar as súas emocións? Entón, dende o departamento de Orientación, recomendámosche que vexas o seguinte vídeo de Anabel Cornago, onde atoparás 25 actividades divertidas e sinxelas para practicar con eles. Estas actividades permitiranche crear un espazo de calma e conexión cos teus fillos.
Non perdas este vídeo e descobre como podes fomentar o benestar dos teus fillos dunha forma lúdica e amena. Encantarache!