AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24
Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2023/24, o procedemento ED330B: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO).
- En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
- No resto de curso manteranse os libros de texto do curso 2022/23.
Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo de presentación: desde o 20/05/2023 e rematará o día 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2024.
PRESENTACIÓN
Electrónica: Utilice a aplicación fondolibros (deberá presentar unha solicitude por cada fillo).
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.
MAIS INFORMACIÓN
- “Preguntas frecuentes”
- Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
- Manual de usuario para solicitantes