Día do Deporte 2018Actualidad Ayala

11/10/2018

foto relacionada

O vindeiro Venres 19 de outubro (sempre que a climatoloxía nolo permita) celebraremos a XIII Olimpíadas Colexio Ayala. Practicaremos diferentes actividades deportivas para que @s nen@s poidan demostrar todas as súas habilidades e destrezas tanto de forma individual como colectiva. Dividiremos a mañá en dúas partes:
A primeira desenvolverase desde ás 09:30 ás 11:00 horas participando no IV Torneo Multideporte “ Teo “: Baloncesto, Balonmán e Fútbol : 1º e 2º de Educación Primaria quedaránse nas instalacións do Centro, 3º e 4º de Primaria desprazaranse ao Pavillón da Serra, e 5º e 6º ocuparán a Pista Verde; mentras que toda a etapa de Educación Secundaria ocupará o “ Campo de Fútbol do Estrella “.
O alumnado de Ed. Infantil realizarán no Ximnasio un Circuito de Axilidade: coordinación, velocidade, equilibrio, ritmo, flexibilidade…
De seguido celebrarase un ano máis o tradicional partido de Fútbol Sala entre pais,nais e mestres…que seguro deixará moitas imáxenes e anécdotas curiosas…
Como colofón final a esta pequena Olimpiada, a partir das 12:00 do mediodía, iniciaremos como xa ven sendo tradicional unha nova edición da Carreira Pedestre que terá lugar,un ano máis, a carón do colexio, percorrendo as rúas Mercedes Freire Lago, Mestre D.Manuel, Maestro Mateo e F. Pizarro. Un ano máis animamos a toda a Comunidade educativa a sumarse a esta idea e a participar nesta proba que terá lugar a continuación da dos rapaces de Educación Infantil (así os nen@s poderán ver en acción aos seus pais ).
Lembramos aos nosos alumn@s traer unha pequena toalla ou camiseta para cambiarse, e un botellín de auga para unha adecuada hidratación, xa que o esforzo físico será bastante grande durante todas as probas deportivas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


Comparte

Compartir Compartir Compartir