O AyalaQuen somos

O CPR Ayala é un colexio concertado, con máis de 40 anos de experiencia no que cursan estudos alumnos de entre 3 e 16 anos.  O seu cadro docente está formado por profesores altamente cualificados e experimentados tanto na docencia básica como na aplicación das novas tecnoloxías á educación.

O método pedagóxico aplicado no colexio, baseado nun contacto próximo co alumnado garante un ensino de calidade na comarca de Ferrolterra.

Historia

O Colexio Ayala como herdeiro intelectual da antiga Academia Ayala ofrece aos seus alumnos un ensino baseado na práctica e a experiencia persoal de cada un deles, fomentando a curiosidade por investigar e descubrir o descoñecido. 

Adaptación

O Colexio Ayala adapta o seu proxecto educativo ás características de cada alumno potenciando as súas habilidades innatas. Aos alumnos edúcaselles na tolerancia para admitir todo tipo de ideas, sen renunciar  ás propias.  O profesorado traballa no desenvolvemento da individualidade de cada alumno que é cualificado segundo a súa propia evolución.

Novas tecnoloxías

O uso das novas tecnoloxías non é unha materia máis no colexio senón unha ferramenta de uso habitual entre os alumnos.  A través do grupo de Facebook do centro, así como a través da web www.colegioayala.com tanto o alumnado como as súas familias poden dispor en tempo real de toda a información do centro, así como de contidos descargables de tipo pedagóxico.